Recomendacións

O currículum vitae (c.v., que en latín quere dicir "carreira da vida") é a ferramenta básica para a procura de emprego, e serve para redactar de forma clara a traxectoria profesional, intereses e habilidades persoais. Debe ser breve, abofé, con frases curtas, esquemático, organizado e coherente. Preténdese que a persoa que o lea coñeza os datos principais do candidato en relación co posto de traballo. Para iso, resulta útil utilizar a negrilla e maiúsculas.

Os apartados

Deben estar ben definidos e redactados, incluíndo:

  • Datos personais: nome, apelidos, data de nacemento,...
  • Formación:
    • Titulación académica e complementaria
    • Hai que destacar data do curso, entidade organizadora e lugar de realización.
  • Idiomas:
    • nivel
    • cursos acreditativos
    • estancias no extranxeiro.
  • Informática:
    • programas que se manexan
    • cursos que o demostran.
  • Experiencia:
    • posto, nivel e empresa na que se traballou
    • funcións relacionadas co posto ao que se opta
    • datas inicio-fin.
    • prácticas da carreira
    • traballos non remunerados
    • voluntariado,...que teña relación coa labor a desenvolver na empresa.
  • Outros datos de interese:
    • publicacións
    • participación en eventos
    • obxectivo profesional
    • características personais que teñan relación co posto.
  • A presentación é fundamental:
    • impecable
    • limpo
    • e ordenado
  • Pode elaborarse de manera cronolóxica (ordenando por datas os datos):
    • indicado para persoas que contan cunha traxectoria profesional estable e ascendente, sen altibaixos nin períodos en branco inxustificados.
    • Céntrase máis nos postos desempeñados que nas habilidades adquiridas.
    • Pode ir ordenado do recente ao antigo ou viceversa.
    • Convén destacar en primeiro lugar aquel traballo que teña máis relación co posto ao que se opta.
  • o funcional (se o desenvolvemento profesional conleva perfís distintos).

No arquivo adxunto propoñemos un modelo de curriculum vitae (Documento Word)

A Carta

O c.v. debe ir acompañado da carta de presentación.

O obxectivo de ésta é dobre:

  • espertar o interese de quen vai a recibir a candidatura, para que lea o c.v. coa atención que merece
  • e destacar os datos específicos do c.v. que o converte na persoa idónea para o posto.

Débese redactar unha carta de presentación para un perfil do posto. A carta de presentación típica é ás veces perxudicial. Pode ser como resposta a un anuncio de emprego ou por candidatura espontánea. Aquí podes ver un modelo de carta de presentación (Documento Word)

Plan FoexgaVigo Bussiness ReviewPlan PIPECamerfirmaBolsa de Subcontratación IndustrialMasPymeVigo Red Genera Certificado de Calidad ISO 9001 y 14001

 BBVA - Ventajas para los asociados de Cámara Vigo 

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago